Arsen Aydinian

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaArsen Aydinian

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento7 de xaneiro de 1825 (Xuliano) Editar o valor em Wikidata
Istambul Editar o valor em Wikidata
Morte8 de xullo de 1902 (Xuliano) Editar o valor em Wikidata (77 anos)
Mauer Editar o valor em Wikidata
Bispo titular
15 de marzo de 1887 –
Diocese: Salamis (en) Traducir
General abbot of the Mekhitarist Monastery of Vienna (en) Traducir
15 de marzo de 1887 – 21 de xullo de 1902
← Wartan Joseph EstegarGregor von Govrik → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaViena (1835–) Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeCisleitania Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoPobo armenio e pobo armenio Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónMekhitarist Monastery of Vienna (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (1887–), filólogo , lingüista Editar o valor em Wikidata
EmpregadorHandes Amsorya (en) Traducir (1887–) Editar o valor em Wikidata
LinguaArmenio occidental, lingua latina, lingua italiana, lingua francesa, lingua turca, árabe, lingua inglesa, lingua alemá e Grabar Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaOrdem Mequitarista (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ConsagraciónEstevo Pedro X Azarean Editar o valor em Wikidata

Arsen Aydinian, nado o 19 de xaneiro de 1825 en Istambul (Imperio Otomán) e finado o 21 de xullo de 1902 en Viena (Imperio Austrohúngaro), foi un sacerdote armenio católico, lingüista, gramático, e mestre en dez linguas.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Arsen Aydinian contribuíu de forma significativa á obra lingüística e gramática armenias. Formou parte da Congregación Mequitarista, e era coñecedor de varias linguas clásicas e modernas. Foi abade xeral do mosteiro mequitarista de Viena, entre outros encargos. En 1887 foi o principal impulsor da creación do xornal Հանդէս ամսօրեայ (Handes Amsoreay), onde publicou moitos artigos arredor da lingüística.[1][3]

Con todo, o seu logro máis grande de foi a gramática publicada en 1866, Քննական քերականութիւն աշխարհաբար կամ արդի հայերէն լեզուի (en galego, Gramática crítica da lingua armenia moderna ou vernácula), o cal fica un logro altamente importante da lingüística armenia hoxe en día.[1] Este libro foi especialmente significativo debido ao feito de que os armenios no seu conxunto pedían o uso dunha forma máis vernácula da lingua na literatura e nas artes. Isto supuxo unha revolución dado que o armenio clásico era a lingua asociada normalmente co sacerdocio e coa alta sociedade.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Delisle, Jean; Woodworth, Judith. "Mesrop Mashtots and the flowering of Armenian culture". dictionnaires-machtotz.org. (derradeira actualización 5 de agosto de 2022). Consultado o 27/09/2012. 
  2. Kurkjian, Vahan M. (2008). A History of Armenia (en inglés). IndoEuropeanPublishing.com. ISBN 9781604440126. 
  3. Hovannisian, Richard G., ed. (2004). The Armenian People From Ancient to Modern Times, Volume II: Foreign Dominion to Statehood: The Fifteenth Century to the Twentieth Century. Palgrave Macmillan. ISBN 9781403964229. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]