Arrecife Indispensable

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arrecife Indispensable
Datos
País Illas Salomón
Illa principal Illote Little Nottingham (no Arrecife Medio)
Linguas
Poboación Deshabitado (2013)
Superficie
Superficie lagoa
Nº de illas 3 atois
Coordenadas 12°40′S 160°25′L / -12.667, -160.417
Maior Altura
Localización

O Arrecife indispensable son unha cadea de tres grandes atois de coral no Mar do Coral. Atópanse a uns 50 km ao sur da illa de Rennell, separados dela pola canle Trough. A cadea esténdese sobre unha lonxitude de 114 km. e a súa anchura media é de 18 km.

Administrativamente o Arrecife Indispensable pertence á provincia Rennell e Bellona nas Illas Salomón.

Os tres atois son escarpados e cada un encerra unha gran e profunda lagoa. Están separados por pasaxes profundas de dous e tres quilómetros de ancho. Os Arrecifes Indispensable están aliñados en dirección NO-SE

  • Arrecife Norte, ten 18 km de longo e ata 7 km de ancho. O bordo do atol ten dúas aberturas estreitas no norte e noroeste. O arrecife ten unha área total de 100 quilómetros cadrados, incluíndo a lagoa e o arrecife. Non hai illotes.
  • Arrecife Medio, ten 51 km. Little Nottingham é un pequeno illote situado preto do centro do arrecife. Ademais da súa lagoa principal, o Arrecife Medio ten unha pequena lagoa separada ao norte. A superficie total ten uns 300 km².
  • Arrecife Sur ten 21 km de longo e ata 8 km de ancho. Encerra unha lagoa de 18 a 35 metros de profundidade. A superficie total supera os 100 km².

Historia[editar | editar a fonte]

O barco Neptuno embarrancou no Arrecife Indispensable o 3 de agosto de 1868 e perdeuse. A tripulación foi rescatada polo SS Boomerang.

Durante a Batalla do Mar de Coral o 7 de maio de 1942, dous avións xaponeses B5N2 (EI-306 e probablemente o EI-302) voando en misión de recoñecemento desde o portaavións Shōkaku (翔鶴 grúa voadora) quedaron abandonados no Arrecife indispensable debido á falta de combustible.[1]

Na década de 1980 o Goberno das Illas Salomón detivo un buque de Taiwán adicado á caza furtiva da ameixa xigante existente no Arrecife Indispensable. Os corais e especies de peixes en perigo de extinción tamén están sendo saqueados polo comercio de acuarios.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. LUNDSTROM, John B. The First Team: Pacific Naval Air Combat from Pearl Harbor to Midway. Annapolis, Maryland : Naval Institute Press, 2005. ISBN 1-59114-471-X. page 205

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]