Arquipélago de Upernavik
73°20′00″N 56°00′00″W / 73.3333333°N 56°W
O Arquipélago de Upernavik é un vasto arquipélago de pequenas illas no municipio de Qaasuitsup, ao norte da Península Nunavik, no noroeste da Grenlandia. O arquipélago esténdese desde a costa norte/nordeste da Península Nunavik (aproximadamente a 71°50′N 55°28′W / 71.833°N 55.467°W[1]) até o extremo sur da Baía de Melville (a aproximadamente 75°00′N 57°35′W / 75°N 57.583°W[2]). Existen 10 localidades no Arquipélago (sen contar as abandonadas): Upernavik Kujalleq, Kangersuatsiaq, Upernavik, Aappilattoq, Tasiusaq, Innaarsuit, Naajaat, Nutaarmiut, Nuussuaq e Kullorsuaq. A localidade máis setentrional é Kullorsuaq, sendo a máis austral Upernavik Kujalleq. A menos poboada é Nutaarmiut, e a que máis habitantes ten é Upernavik.
Índice |
Mapa [editar]
Economía [editar]
A principal actividade económica do arquipélago é a pesca[3], aínda que as localidades máis ao norte dependen moito da caza de focas, morsas e baleas para complementar a economía familiar.
Fóra de Upernavik, a economía de renda está entre unha das máis baixas de toda a Grenlandia. Catro das localidades do arquipélago (Naajaat, Nuussuaq, Kullorsuaq e Upernavik Kujalleq) están na lista das 10 localidades máis pobres da Grenlandia.[4]
Transporte [editar]
Aéreo [editar]
A Air Greenland opera voos como contrato do goberno para case todas as localidades do arquipélago (só non opera para Nutaarmiut e Naajaat). O único aeroporto do arquipélago é o Aeroporto de Upernavik, localizado en Upernavik, no entanto, existe varios heliportos.
Marítimo [editar]
Até 2006, a Artic Umiaq Line tiña fornecido servizos de ferry para Nuuk e para Uummannaq, Ilulissat e Aasiaat (no municipio de Qaasuitsup).[5]
Notas [editar]
- ↑ Nunavik, Saga Map, 1:250.000, Tage Schjøtt, 1992
- ↑ Upernavik Avannarleq, Saga Map, 1:250.000, Tage Schjøtt, 1992
- ↑ greenland-guide.gl
- ↑ Sermitsiaq, 2009/04/17
- ↑ O'Carroll, Etain (2005). Greenland and the Arctic. Lonely Planet. pp. 196–199. ISBN 1-74059-095-3.