Architeuthis sanctipauli

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Architeuthis sanctipauli

Wheke, a primeira lura xigante naturalizada.
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Mollusca
Clase: Cephalopoda
Subclase: Coleoidea
Orde: Teuthida
Suborde: Oegopsina
Familia: Architeuthidae
Xénero: Architeuthis
Especie: A. sanctipauli
(Velain, 1877)[1]
Sinonimia

Mouchezis sanctipauli Velain, 1877[2]

Architeuthis sanctipauli é unha especie de lura xigante da familia de Architeuthidae, que pode acadar os dez metros de lonxitude.

Wheke[editar | editar a fonte]

Un exemplar, polo momento o único do mundo, foi naturalizado por primeira vez en 2008. Trátase dunha femia que acadou 9 metros de lonxitude e pesaba 84 kg e foi pescada o 27 de xaneiro de 2000 a 615 metros de profundidade en Nova Zelandia. Apelidado como "Wheke" pola lenda maorí, foi doado ó Museo Nacional de Historia Natural de Francia, que o levou a Italia para un laboratorio de plastinación, VisDocta Research, para naturalizalo. O proceso de plastinación consistiu esencialmente na deshidratación do corpo das luras e na substitución das súas partes líquidas cunha resina endurecida que lle dá a súa rixidez actual. O proceso de deshidratación provocou que o animal minguase 2,5 metros, dándolle unha lonxitude final de 6,5 metros. Dado que os ollos e os pigmentos orixinais non se puideron preservar, colocáronse os ollos de cristal no lugar dos ollos reais e aplicouse unha capa de pintura que restaura a cor natural do cefalópodo. Chegou a París o 25 de marzo do 2008, e Wheke está en exhibición pública na Great Evolution Gallery dende o 26 de marzo de 2008, no mesmo sitio que o modelo de tamaño real que o museo amosaba.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Velain, C. (1877). "Passage de Venus sur le Soleil (9 de decembro de 1874). Expedition Francaise aux Iles Saint-Paul et Amsterdam. Zoologie. Observations generales sur la fauna des deux Iles Suivies d'une description des Mollusques". Archives de Zoologie Experimentale et Generale 6: 1–143. 
  2. Sistema Integrado de Información Taxonómica. "Architeuthis sanctipauli (TSN 556660)" (en inglés). 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]