Arca noae

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Arca noae é unha especie de bivalvo molusco da familia Arcidae. Pode atoparse no mar Mediterráneo desde a marca de marea baixa ata unha profundidade de 60 metros.

Descrición[editar | editar a fonte]

A Arca noae medra ata uns 10 cm de lonxitude. É acurtada na parte final anterior e alongada posteriormente. Ten liñas irregulares de cor marrón e branco e ten finas costelas correndo desde o umbo ata a beira. A cuncha está suxeitada fortemente ó substrato polo biso.[2]

Distribución[editar | editar a fonte]

Arca noae atópase no mar Mediterráneo. Antigamente era común no mar Adriático, pero en 1949/50 houbo unha baixada de exemplares repentina, inexplicable e catastrófica. Dende entón, as poboacións foron subindo, e en 2002 observáronse densidades de até 13 individuos por metro cadrado. Con todo, debido a unha falta de rexistros, non está claro se a poboación regresa ó seu tamaño anterior.

Bioloxía[editar | editar a fonte]

Na parte máis baixa da zona intermareal do Adriático, Arca noae a miúdo medra en asociación con Modiolus barbatus.[2] As cunchas a miúdo están fortemente incrustadas con epibiontes.[3] A auga é absorbida na cuncha principalmente pola parte posterior. O plancto e pequenas partículas orgánicas son filtradas ó pasar a auga polas branquias e as partículas non necesarias son rexeitadas ó mesmo tempo.

Usos[editar | editar a fonte]

Arca noae é pescado comercialmente no mar Adriático, tanto por mergulladores que recollen individuos a man como dende as barcas que utilizan restrelos especialmente adaptados. O marisco é vendido nos mercados locais.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Arca noae Linnaeus, 1758 World Register of Marine Species. Consultado o 29-11-2011.
  2. 2,0 2,1 "The biology and functional morphology of Arca noae (Bivalvia: Arcidae) from the Adriatic Sea, Croatia, with a discussion on the evolution of the bivalve mantle margin" 89. doi:10.1111/j.1463-6395.2007.00288.x. 
  3. 3,0 3,1 "AGE AND GROWTH OF THE BIVALVE ARCA NOAE L. IN THE CROATIAN ADRIATIC SEA volume=68". doi:10.1093/mollus/68.4.307.