Apio Claudio Craso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaApio Claudio Craso

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoséculo VI a. C. Editar o valor em Wikidata
Roma Antiga Editar o valor em Wikidata
Morte449 a. C. Editar o valor em Wikidata
Roma Antiga Editar o valor em Wikidata
Causa da morteSuicidio Editar o valor em Wikidata
Senador romano
valor descoñecido – valor descoñecido
Cónsul romano
471 a. C. – 471 a. C.
Decemvir legibus scribundis (en) Traducir
451 a. C. – 449 a. C.
Cónsul romano
451 a. C. – 451 a. C.
Xunto con: Tito Genúcio Augurino (pt) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRoma Antiga Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico da Roma antiga , militar da Roma antiga Editar o valor em Wikidata
Período de tempoEarly Roman Republic (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua latina Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaClaudii Crassi (en) Traducir e Claudii Sabini (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cónxuxevalor descoñecido
FillosÁpio Cláudio Crasso (pt) Traducir, Publius Claudius Crassus (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisÁpio Cláudio Sabino (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e valor descoñecido Editar o valor em Wikidata
IrmánsCaio Cláudio Crasso Inregilense Sabino (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Apio Claudio Craso Regilense Sabino (en latín: Appius Claudius Crassus Regillensis Sabinus), foi un político romano do século V a. C. e pertencía á gens Claudia. Era fillo de Apio Claudio Sabino Inregilense (cónsul no 471 a.C.), pai de Apio Claudio Craso (cónsul no 424 a.C.) e avó de Apio Claudio Craso (cónsul no 403 a.C.).

Foi cónsul no 451 a. C. e encabezou os dous colexios de decénviros entre o 451 e 449 a.C. que se encargou da redacción da Lei das XII Táboas.

Familia e orixe[editar | editar a fonte]

Apio Claudio era membro da gens Claudia, unha familia romana rica e patricia. O seu pai Apio Claudio Sabino, cónsul no 471 a.C., e o seu avó Apio Claudio Sabino, cónsul no 495 a.C., foran ámbolos dous cónsules e distinguíronse polo seu desprezo á plebe e a súa intransixente oposición aos seus representantes, os tribunos da plebe. Esta oposición aumentou durante os graves conflitos civís nos anos 495 a.C.[1] e 471 a.C.[2] Porén, o seu tío Caio Claudio Sabino Regilense exerceu no 460 a.C. un consulado sen chocar cos tribunos da plebe.[3]

Segundo algunhas fontes antigas, como o Fastos Capitolinos que proporcionan o seu nome completo para o 451 a.C. (Ap. Claudius Ap.f. M.n. Crassinus Inregillensis Sabinus)[4][5] os cónsules do 471 a.C. e 451 a.C. serían, de feito, a mesma persoa e non o pai e o seu fillo. Mais, se a conta de Tito Livio para o ano 470 a.C. é certa, Apio Claudio Sabino morreu no cárcere ese ano, polo que o cónsul do 451 a.C. había se-lo seu fillo. Os destinos dos dous cónsules son semellantes, engadindo á confusión, xa que ambos morreron no cárcere tras problemas cos plebeos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Contexto político[editar | editar a fonte]

Na segunda metade do século V a.C., foi medrando a oposición política entre a plebe, representada polos seus tribunos, e os patricios que conservaban o dominio do consulado, herdeiros dun poder real cuxo único límite era a duración do exercicio do mandato de cónsul; é dicir, un ano. Dende o ano 462 a.C., os tribunos reclamaban, coa rogatio Terentilia, a fixación por escrito das leis para limitar os poderes arbitrarios dos cónsules. Despois de dez anos de graves tensións civís, conseguiron por fin a constitución dunha comisión encargada de elaborar as leis aplicables a plebeos e patricios.

Primeiro decenvirato (451 a.C.)[editar | editar a fonte]

No 451 a.C., Apio Claudio foi elixido cónsul e ao mesmo tempo, créase unha comisión de dez membros, os decénviros, por un mandato dun ano. Como cónsul, é vogal de oficio e obtén a súa presidencia do colexio de decénviros.[5] A importancia desta comisión foi tal que tódolos actores da vida política romana aceptaron a suspensión dos mandatos ordinarios: xa non había cónsul nin tribunos da plebe, os decénviros tiñan o poder absoluto sen posibilidade de recurso.

Os decénviros exerceron o seu papel, sendo precedidos durante o día polos doce lictores, como auxiliares no exercicio do poder. Tito Livio sinalou como proba da moderación do seu goberno que se admitía que, a pesar da suspensión do dereito de recurso ante os tribunos da plebe, as resolucións xudiciais do decénviro que exercía un día determinado podían ser recorridas ante outro decénviro,[6] ou que nunha ocasión, un decénviro en troques de levar unha acusación pública cedera este dereito ao pobo para que exercese xustiza.[7]

En ausencia de conflitos cos seus veciños e sen disturbios internos, os decénviros puideron traballar na elaboración de leis que se organizaron segundo dez títulos, a "Lei das X Táboas", que se aprobou por votación popular.[8]

Segundo decenvirato (450 a.C. - 449 a. C.)[editar | editar a fonte]

Redacción da Lei das XII Táboas[editar | editar a fonte]

Para completar estas dez primeiras leis, decidiuse renovar a comisión coa elección de novos decénviros. Apio Claudio presentouse á reelección,[9] contradicindo o costume que significaba que non se podía ostentar as maxistraturas durante dous anos seguidos; malia todo, saíu reelixido tras unha activa campaña de sedución entre o pobo, multiplicando as promesas. Elixíronse outras nove personalidades, que formaron o segundo colexio de decénviros. Ao tomar posesión, o 15 de maio do ano 450 a.C., provocaron unha certa sorpresa ao presentárense cada un deles precedidos por cadanseus doce lictores; é dicir, 120 lictores en total, unha forza de coacción nunca vista en Roma. Os decénviros engadiron dúas novas táboas ás anteriores, pasando a ser denominado o código como a "Lei das XII Táboas".

Permanencia dos decénviros no poder[editar | editar a fonte]

Segundo Tito Livio, Apio Claudio influíu nos seus colegas e creou unha camarilla que abusou do poder e gobernou con despotismo, intimidando á plebe e ignorando o Senado. Despois do 15 de maio de 449 a.C., aínda que cumprido o seu mandato dun ano e rematado o seu labor lexislativo, os decénviros adestrados por Apio Claudio mantivéronse no poder ilegalmente pola súa propia autoridade, rodeándose dunha numerosa garda e sufocando toda protesta emanada da plebe.

A guerra iniciada contra Roma polos sabinos e os Aequi obrigou aos decénviros a se uniren ao Senado para conseguir o recrutamento das tropas romanas. Os decénviros compartiron os sectores de operacións, e Apio Claudio e Espurio Opio Córnicen aseguraron a defensa de Roma.

Morte de Virxinia[editar | editar a fonte]

Asasinato de Virxinia por Camillo Miola (1882). Nápoles, Museo Capodimonte.

Apio Claudio cometeu entón un exceso de poder que desencadeou unha revolta popular. Livio fai un relato detallado do feito,[10] mentres que Diodoro de Sicilia relatou este episodio pero sen nomear a Apio Claudio.[11]

Segundo autores antigos, Apio Claudio incitou a un dos seus clientes a reclamar como escrava á rapaza Verxinia ou Virxinia, filla do centurión Lucio Virxinio, prometida en matrimonio con Lucio Icilio, antigo tribuno da plebe. Deste xeito, Apio Claudio presionaba a dous dos prinicipais opositores ao seu poder. Á espera de que se constituíse un tribunal que deliberase sobre esta pretensión, a lei prevía que se encomendase a persoa en cuestión á custodia de quen afirmase a súa condición de libre. Mais incumprindo a lei, Apio Claudio ordenou que o fose gardada polo seu cliente. Cando os lictores intentaron apreixar á moza no medio do foro, o seu pai prefiriu apuñalala e matala dicindo: "Filla, douche a liberdade dó unico xeito que podo"[12] e salvala así da violencia dos homes de Apio Claudio. Este xesto espertou a indignación da multitude contra Apio Claudio mentres o aflixido pai enviou aos seus amigos a avisar a Lucio Icilio, prometido de Virxinia, que estaba mobilizado preto de Roma. Ao mesmo tempo, Apio Claudio envíou aos seus xenerais a orde de arrestar a Lucio Icilio. Nesta carreira de velocidade, Lucio Icilio informou ao primeiro levantamento dos seus compañeiros, provocando unha revolta dos soldados.

Mentres que a plebe mostrou a súa hostilidade retirándose en masa ao Aventino (un monte sagrado) durante a segunda secesión da plebe no 449 a.C., os soldados amotinados que volvían a Roma, acamparon no Aventino nunha época na que, este outeiro, aínda non formaba parte de Roma. Os decénviros víronse obrigados a dimitir e o Senado restableceu as antigas maxistraturas, consulados e tribunais. Lucio Icilio e Lucio Virxinio foron elixidos tribunos da plebe e encarceraron a Apio Claudio[13]. Livio sinalou con ironía que Apio tería tentado valerse do dereito de apelación á protección dos tribunos , dereitos dos que se burlara cando fora decénviro. Finalmente, ssuicidouse en prisión antes do seu xuízo. O seu colega Espurio Opio Córnicen, que tamén estaba preso, suicidouse igulamente. Os demais decénviros exiliáronse e os seus bens foron confiscados.

Algúns historiadores modernos puxeron en dúbida a autenticidade do episodio de Virxinia, cuxa morte para salvar a súa virtude desencadeou unha revolución contra un poder despótico, atopando nela un paralelismo tamén marcado co derrocamento do rei Tarquino o Soberbio tras a morte de Lucrecio.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Tito Livio 2007, pp. 310-312 (Libro II, capítulo 27)
  2. Tito Livio 2007 pp. 360-367 (Libro II, capítuclos 56-59)
  3. Tito Livio 2007, p. 398 (Libro III, capítulo 15, parágrafo 1)
  4. Broughton 1951, p. 30
  5. 5,0 5,1 Broughton 1951, p. 45.
  6. Tito Livio, 2007, p. 427 (Libro III, capítulo 34, parágrafo 8)
  7. Tito Livio 2007, p. 426 (Libro III, capítulo 33, parágrafos 9-10)
  8. Tito Livio 2007, p. 427 (Libro III, capitulo 34, parágrafo 6)
  9. Broughton 1951, p. 46
  10. Tito Livio 2007, pp. 441-453 (Libro III, capítulos 44-52)
  11. Diodoro de Sicilia 2006, pp. 377-380 (Libro XII, Capítulos 24-26)
  12. Tito Livio 2007, p. 448 (Libro III, capítulo 48, parágrafo 5)
  13. Broughton 1951, p. 49

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Broughton, T. Robert S. (1951). The Magistrates of the Roman Republic : Volume I, 509 B.C. - 100 B.C. Colección: Philological Monographs, número XV, volume I (en inglés). Nova York: The American Philological Association. 
  • Diodoro de Sicilia (2006). Biblioteca Histórica. Libros IX-XII. Colección: Biblioteca Clásica Gredos, nº 353 (en castelán). (tradución e notas de Juan José Torres Esbarranch). Madrid: Gredos. ISBN 84-249-2858-X. 
  • Sexto Aurelio Víctor (1806). De Viris Illustribus Urbis Romae (De los Varones Ilustres Romanos) (en latín). (traducido por Agustín Muñoz Ávarez). Sevilla: Manuel Muñoz Álvarez. 
  • Tito Livio (2007). Histora de Roma desde su fundación. Libros I-III. Colección: Biblioteca Clásica Gredos, nº 144 (en castelán). (tradución en notas José Antonio Villar Vidal) (1ª edición, 3ª reimpresión ed.). Madrid: Gredos. ISBN 84-249-1434-1. 
Predecesor:
Lucio Pinario Mamercino Rufo e
Publio Furio Medulino Fuso

Cónsul da República Romana
xunto con Tito Quincio Capitolino Barbato

471 a. C.
Sucesor:
Lucio Valerio Potito (II) e
Tiberio Emilio Mamerco
Predecesor:
Tito Menenio Lanato e
Publio Sestio Capitón Vaticano

Cónsul II da República Romana
xunto con Tito Xenucio Augurino

451 a. C.
Sucesor:
Lucio Valerio Potito e
Marco Horacio Barbato