Antonio Román

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Placa na casa onde viviu Antonio Román, no xardín do Bispo Cesáreo (Ourense)

Antonio Aurelio del Sacramento Fernández-Román García de Quevedo, coñecido artisticamente como Antonio Román, Anthony Roman ou Tony Román, nado en Ourense o 9 de novembro de 1911 e finado en Madrid o 16 de xuño de 1989, foi un director e guionista de cine e farmacéutico galego.

Índice

[editar] Traxectoria

Pertence ao grupo de directores renovadores do cine español de posguerra, xunto con José Luis Sáenz de Heredia e Rafael Gil.

Ía ser farmacéutico, pero xa de novo convertiuse en crítico de cine, comezando a publicar na prensa española. Orixinalmente Comezou a dirixir pequenos documentais moi novo, con 18 anos. A súa primeira longametraxe La escuadrilla, é de 1941, realizada xunto a Sáenz de Heredia. En 1943 realizou proxectos máis arriscados e persoais, Intriga e La casa de la lluvia, pero tralo fracaso comercial e o escepticismo crítico con que foron acollidas, retomou proxectos máis comerciais. Posteriormente converteuse nun dos xefes da Cooperativa Cinematográfica Castilla.

Nas décadas de 1960 e 1970 seguiu escribindo críticas. En 1970 foi despedido mentres rodaba Ringo del Nebraska cando aínda non levaba nin o 10 % da rodaxe, pois ao produtor non lle gustaba o seu xeito de traballar lento e meticuloso. Foi substituído polo seu amigo e protexido Mario Bava, quen por respecto a Román, negouse a aparecer nos títulos de crédito.

Estaba casado con Yvonne Bastién.

En 1999 publicouse o libro de Pepe Coira Antonio Román. Director de cine, ampliado e traducido ao castelán co título Antonio Román, un cineasta de posguerra, que acadou o premio ao mellor libro universitario español do 2004.

[editar] Filmografía

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas