Antonio Presas
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de xuño de 1950 (73 anos) Soutolongo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | xeógrafo |
Antonio Presas García, nado en Soutolongo (Lalín) o 3 de xuño de 1950, é un xeógrafo e escritor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Mestre e licenciado en Xeografía pola Universidade de Santiago de Compostela, foi profesor no IES Laxeiro de Lalín.
Formou parte da candidatura da Coordinadora Alternativa de Lalín nas eleccións municipais de 1987 e foi concelleiro en xullo de 1988, logo da dimisión de Manuel Igrexas[1]. Nas eleccións municipais de 1995 foi o número 2 da candidatura do BNG e foi elixido concelleiro.
Obras[editar | editar a fonte]
- Os castros de Lalín, 2008
- O mundo dos castros. A Comarca de Deza, 2014.
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
En 2016 recibiu a "Folla de Carballo na modalidade de Ouro" do Concello de Lalín.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ González Alén, Daniel (2004). Seminario de Estudios de Deza, ed. 25 anos de corporacións democráticas no Concello de Lalín (1979-2004). Lalín. ISBN 84-609-3810-7.
- ↑ Entrega da Folla de Carballo de oro
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Santorum, Gracia (2009). Fervenza, ed. Dicionario de escritores de Deza. A Estrada. pp. 88–89. ISBN 978-84-96368-00-2.