Antonio María Martínez López

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAntonio María Martínez López
Biografía
Nacemento1904 Editar o valor em Wikidata
Ribadeo, España Editar o valor em Wikidata
Morte12 de setembro de 1936 Editar o valor em Wikidata (31/32 anos)
Mondoñedo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Antonio María Martínez López, nado en Ribadeo cara a 1904 e finado en Mondoñedo o 12 de setembro de 1936, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Directivo do PSOE en Ribadeo. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido en Ribadeo o 22 de agosto e internado no depósito de Ribadeo. Foi paseado na estrada N-634 no lugar de Voltas de Prado dos Remedios, preto de Mondoñedo o 12 de setembro de 1936 con Andrés Vale Blanco, Florencio Carballo Novegil e Enrique Navarret García.[1] Inscrito inicialmente como descoñecido, foi identificado o 28 de xaneiro de 1940.

Dionisio Gamallo Fierros dedicoulle o poema ¡Hermano labrador! ¡Hermano obrero!.[2]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en Vilaframil con Concepción Fernández López en xaneiro de 1936.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Iniciada en Mondoñedo la exhumación de otros cuatro fusilados de la Guerra Civil
  2. Las Riberas del Eo, 18-8-1934, p. 2.
  3. Las Riberas del Eo, 25-1-1936, p. 6.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]