Dionisio Gamallo Fierros
Dionisio Gamallo Fierros, nado en Ribadeo o 25 de agosto de 1914 e falecido en Madrid o 16 de xaneiro de 2000, foi un escritor polígrafo galego.
Índice |
[editar] Traxectoria
[editar] Formación e primeiras pubicacións
Estudou primeiro en Ribadeo e logo en Lugo, para pasar despois a estudar Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, licenciándose en 1936. Posteriormente rematou Filosofía e Letras en 1941 na Universidade de Valladolid.
Colaborou despois en Ya, Arriba, Informaciones, El Español e La Estafeta Literaria, entre outras publicacións.
A partir de 1945 foi profesor axudante de Xeografía e Historia na Universidade de Santiago de Compostela, profesor de Literatura Española nos Institutos Ramiro de Maeztu e Lope de Vega en Madrid, profesor e director do Instituto Laboral en Ribadeo e profesor na Escola Oficial de Xornalismo de Madrid.
[editar] Mundo académico
Entre 1953 e 1955 traballou como asesor do Servicio de Información Bibliográfica da Biblioteca Nacional. Foi nomeado académico da Real Academia Galega. Ademais, foi vocal da directiva do Centro Galego de Madrid e secretario da Comisión de Cultura. Foi membro do Instituto de Estudios Asturianos e membro da Real Academia Española.
[editar] Obra
A bibliografía de Dionisio gamallo é moi variada. Destaca Albor (1942), caderno de poesía con 14 poemas (do seu libro inédito La voz derrotada). No 1943, dúas monografías aínda inéditas: Una estirpe de escritores colombianos: los Caro e La aportación de Lugo y su provincia a la literatura galaico-castellana. No 1948, publicou o folleto "Bécquer y Sevilla y páginas abandonadas" (prólogo de Dámaso Alonso). Tamén publicou ensaios e artigos, como Vida y obra de Ramiro de Maeztu (1953), Menéndez Pidal en el año 1898 (1968), ¿Luz sobre la Negra Sombra? (1975), Primera etapa de la vida y obra de Pérez de Ayala (de los comienzos hasta 1905) (1981), ou La Regenta, a través de cartas inéditas de la Pardo Bazán a "Clarín" (1984).
[editar] Recoñecementos e galardóns
Dionisio Gamallo foi recoñecido con diversos premios. Entre eles:
- Premio Anual de Literatura Pérez Lugín da Asociación de Prensa da Coruña (1943) por Galicia a través de sus poetas.
- Primeiro premio de poesía castelá nos Xogos Florais de Santiago de Compostela (1945) polo poema "Piedra viva".
- Premio do Certame do Centro Galego da Habana (1951) por Seda en el cardo (vida y obras de Curros Enríquez).
- Primeiro premio no Certame José Martí patrocinado pola Embaixada de Cuba e o Instituto de Cultura Hispánica de Madrid (1953).
- Premio ó Xornalismo (1971) da Deputación Provincial da Coruña.
Ademais, foi distinguido coa condecoración da Orde de Rubén Darío en Nicaragua (1967), nomeado "Lucense do ano" en 1987 e medalla Castelao en 1998.
Na actualidade, o IES de Ribadeo que dirixiu leva o seu nome.
[editar] Véxase tamén
[editar] Bibliografía
- Cortezón, D.: Dionisio Gamallo Fierros. Varón de Porcillán. Xunta de Galicia, 2005. Santiago de Compostela. ISBN 84-453-4065-4