Antonio Lorenzo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAntonio Lorenzo
Biografía
Nacemento(es) Antonio Lorenzo Pérez Editar o valor em Wikidata
1914 Editar o valor em Wikidata
Leiro, España Editar o valor em Wikidata
Morte25 de marzo de 2009 Editar o valor em Wikidata (94/95 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbanqueiro Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Antonio Lorenzo Pérez, nado en Leiro en 1914 e finado na Coruña o 25 de marzo de 2009, foi un banqueiro galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1935 comezou a traballar para Fábricas Coruñesas de Gas y Electricidad, de onde pasou á Sociedad General Gallega de Electricidad coa súa absorción por esta, e posteriormente da Fenosa tamén como consecuencia dun proceso de absorción, onde se ocupa da dirección de persoal. Naquela altura ademais convértese en profesor de escola de Comercio.

En 1959 ficha pola que daquela era a Caixa de Aforros da Coruña e Lugo onde accede ao posto de director xeral[1] en substitución de Manuel López Companioni[2] . Ao mando desa caixa conduciu o proceso de fusión coas outras caixas do norte de Galicia, que deron lugar a Caixa Galicia: en 1978 coa Caixa de Aforros de Ferrol e en 1980 coa Caixa de Aforros de Santiago. Dese cargo dimitiu en 1981, cando foi substituído por José Luis Méndez López.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Foi director de Cáritas na cidade da Coruña e fundador de Aspronaga. Tivo dez fillos[1].

Notas[editar | editar a fonte]