Antonio Fernández Fernández (sindicalista)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAntonio Fernández Fernández
Biografía
NacementoCangas, España Editar o valor em Wikidata
Morte27 de xullo de 1937 Editar o valor em Wikidata
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónalbanel , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Antonio Fernández Fernández, coñecido como Pavito, nado en Cangas e finado en Pontevedra o 27 de xullo de 1937, foi un albanel e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Albanel veciño de Darbo. Presidente da Sociedade de Oficios Varios adscrita á UGT e militante do PSOE. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en consello de guerra en Pontevedra por rebelión militar o 12 de maio de 1937 con José Gallego Nogueira, Agustín Sanjuán Sansinenea, José Mejuto Bernárdez, José Meis Martínez, Gumersindo Gastiasoro, Germán Chapela Leiro e Ángel Martínez Fandiño, foi condenado a pena de morte. Foi executado na Caeira (Poio) con José Gallego, José Mejuto e José Meis, e Francisco Varela Garrido de Cerdedo o 27 de xullo de 1937.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Cumplimiento de Sentencia". El Diario de Pontevedra. 27/07/1939. p. 2. Consultado o 19/06/2023. 
  2. "Noticias". El Compostelano. 28/07/1937. Consultado o 19/06/2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]