José Meis Martínez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Meis Martínez
Biografía
Nacemento2 de setembro de 1890 Editar o valor em Wikidata
Sanxenxo, España Editar o valor em Wikidata
Morte27 de xullo de 1937 Editar o valor em Wikidata (46 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

José Meis Martínez, nado en Sanxenxo o 2 de setembro de 1890[1] e finado en Pontevedra o 27 de xullo de 1937, foi un mestre e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi mestre de Cobres (1917-1928).[2] Na República foi mestre en Lourizán e permutou a súa praza co mestre de Seixo en 1935.[3] Afiliado á UGT e membro da directiva da Casa del Maestro de Pontevedra,[4] foi un dos creadores das Xuventudes Socialistas na parroquia de Seixo. Foi secretario de propaganda da Asocición de Trabajadores de la Enseñanza de Vigo.[5] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en consello de guerra en Pontevedra por rebelión militar o 12 de maio de 1937 con José Gallego Nogueira, Agustín Sanjuán Sansinenea, José Mejuto Bernárdez, Antonio Fernández Fernández, Gumersindo Gastiasoro, Germán Chapela Leiro e Ángel Martínez Fandiño, foi condenado a pena de morte. Foi executado na Caeira (Poio) con José Gallego, José Mejuto e Antonio Fernández o 27 de xullo de 1937.[6][7] En decembro de 1939 abríronlle expediente por responsabilidades políticas.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 74. 
  2. El Diario de Pontevedra, 20-11-1917, p. 2.
  3. El Pueblo Gallego, 6-4-1935, p. 2.
  4. El Pueblo Gallego, 17-1-1935, p. 11.
  5. Álvarez Castro, Xosé (2019). "Sindicalistas en Vigo (e 2)"
  6. "Cumplimiento de Sentencia". El Diario de Pontevedra. 27/07/1939. p. 2. Consultado o 19/06/2023. 
  7. "Noticias". El Compostelano. 28/07/1937. Consultado o 19/06/2023. 
  8. El Pueblo Gallego, 1-12-1939, p. 5.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]