Anta de São Brissos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Anta-capela, con vestixios da antiga entrada orientada ao nacente.

A Anta de São Brissos, construída entre o IV e o III milenio a.C., está situada na parroquia de Santiago do Escoural, no concello de Montemor-o-Novo.

O dolmen está actualmente transformado nunha pequena capela, que data do século XVII, polo que tamén se coñece como Anta de Nossa Senhora do Livramento ou Anta-Capela de Nossa Senhora do Livramento.

A anta-capela incorpora tres dos piares orixinais, así como parte da cuberta orixinal da cámara. O oco que miraba ao leste estaba cuberto.

Está clasificado polo IGESPAR.

É Monumento Nacional desde 1910.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]