Anselmo Raguileo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAnselmo Raguileo
Biografía
Nacemento(es) Anselmo Raguileo Lincopil Editar o valor em Wikidata
3 de maio de 1922 Editar o valor em Wikidata
Nueva Imperial, Chile Editar o valor em Wikidata
Morte29 de febreiro de 1992 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeChile Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Chile Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónhistoriador Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Anselmo Raguileo Lincopil, nado o 3 de maio de 1922, e finado o 29 de febreiro de 1992, foi un lingüista, historiador, investigador e poeta do pobo mapuche. É coñecido por desenvolver un sistema de escritura para a lingua mapuche, chamado «grafemario mapuche» ou «alfabeto Raguileo».

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Anselmo Raguileo naceu o 3 de maio de 1922 na comunidade Saltapura, que se atopa a 16 quilómetros ao sueste de Nueva Imperial, na rexión de Araucanía. Os seus estudos primarios realizounos na misión de Boroa e posteriormente na Escola Misional de Padre Las Casas. Realizou os seus estudos secundarios na Escola Industrial de Temuco, graduándose como técnico de oficio en metalurxia.

Posteriormente, trasladouse a Santiago de Chile para estudar Química na Escola de Artes e Oficios. Graduouse como técnico químico en 1944. Entre 1952 e 1956, estudou lingüística e traballou como profesor de lingua e cultura mapuches no Instituto Pedagóxico da Universidade de Chile.

En 1973, titulouse como enxeñeiro de execución en química na Universidade Técnica do Estado. Tralo golpe militar, foi perseguido e exonerado do seu traballo en Ferrocarrís do Estado.

En 1980, volveu a Temuco, onde traballou no Centro Asesor Planificación y Desarrollo (CAPIDE). Nesta institución, realizou investigacións en comunidades mapuches de Malleco, Lumaco (Lonkoyán), Lautaro, Nueva Imperial, Osorno (San Juan de la Costa), Concepción e Panguipulli.

Grafemario mapuche[editar | editar a fonte]

En 1982, publicou a creación do grafemario mapuche, un sistema de escritura para o mapuche. O alfabeto caracterízase pola representación dos sons do mapuche por unha soa letra. Por exemplo, a palabra mapuche, en alfabeto Ranguileo escríbese mapuce. Neste caso, o son postalveolar africado xordo /t͡ʃ/, representado en castelán e outros alfabetos mapuche co grupo consonántico ou dígrafo ch, no alfabeto Raguileo represéntase coa letra c.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]