Anna Luísa Beserra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAnna Luísa Beserra

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento24 de setembro de 1997 Editar o valor em Wikidata (26 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeBrasil Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónemprendedora Editar o valor em Wikidata

Anna Luísa Bessera Santos, nada en Salvador o 24 de setembro de 1997, é unha emprendedora ambiental brasileira. É a fundadora e CEO de Safe Drinking Water for All (SDW for all), un sistema de filtración para desinfectar a auga da choiva recollida a partir de cisternas.[1][2] Recibiu o premio "Mozos Campións da Terra" do Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente en 2019. A Shell Company concedeulle un premio no seu programa LiveWIRE, na categoría "Prosperidade local" polo seu traballo na SDW.[3] Anna Luísa tamén é membro da organización internacional Young Water Solutions.[4]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aos 15 anos, Anna Luísa desenvolveu un produto denominado Aqualuz, un sistema de filtrado de desinfección solar de auga.[3][4] O seu mentor incentivouna a lanzar un emprendimiento social en torno ó produto. O seu negocio procura levar auga para algunhas das áreas máis secas do Brasil.[1][5] A SDW actúa con proxectos ESG para saneamento para áreas rurais, onde empresas invisten nas comunidades locais, e foi considerada unha das 50 startups que van mudar o Brasil.[6]

Estudou biotecnoloxía na Universidade Federal da Bahia.[7]

En 2019 recibiu o premio "Mozos Campións da Terra" do Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente e o premio Hugo Werneck de Sostibilidade e Amor á Natureza.[8][9]

Notas[editar | editar a fonte]