Anitos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Anitos, en grego antigo Ἄνυτος Anutos, nado no século V a.C.), era o xefe dos acusadores durante o proceso contra Sócrates.

[editar] Traxectoria

Era un ateniense rico, pertencente ao partido democrático, participou activamente na caída do goberno oligárquico dos Trinta, opúxose igualmente aos sofistas.

No ano 399 a.C. acusou, xunto co orador Licón e o poeta Meleto, a Sócrates de non crer nos deuses da cidade, introducir novas divindades, corromper á mocidade e apoiar ao tirano Critias. Sócrates foi recoñecido culpable e condenado a beber cicuta. Despois da morte do filósofo fuxiu de Atenas.

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas