Andreas Goldberger

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Andreas Goldberger, nado o 29 de novembro, 1972 en Ried im Innkreis, é un antigo saltador de esquí austríaco.

Biografía[editar | editar a fonte]

Os principais éxitos[editar | editar a fonte]

"Goldi", sobrenome polo que se coñece, debutou na Copa do Mundo en xaneiro de 1991, a súa primeira vitoria chegou o 3 de xaneiro de 1993, na terceira tirada do Torneo dos Catro Trampolíns, clasificándose finalmente primeiro no total. Nos mundiais de esquí nórdico de Falun en Suecia conseguiu a medalla de prato no trampolín curto e o bronce en trampolín grande. Ó remate da tempada adxudicouse a Copa do Mundo.

En 1994 gañou a medalla de bronce en trampolín grande na Olimpiada de Inverno de 1994 en Lillehammer. Ó ano seguinte conquistou de novo o Torneo dos Catro Trampolíns, unha medalla de prata nos mundiais de esquí nórdico e a súa segunda Copa do Mundo. En 1996 adxudicouse o Mundial de Salto de Esquí de Bad Mitterndorf, en Austria,e a súa terceira Copa do Mundo.

Controversia[editar | editar a fonte]

En 1997 Goldberg admitiu o uso de cocaína, a federación austríaca suspendeuno durante seis meses. O deportista ameazou con competir coas cores de Iugoslavia porén finalmente aceptou a sanción e tras o seu remate volveu a competir con Austria. Retirouse o 29 de maio de 2005