André Citroën

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
André Citroën.

André Citroën, nado en París o 5 de febreiro de 1878 e finado o 3 de xullo de 1935 en na mesma cidade, foi un enxeñeiro e industrial francés. Fundou a «Société Anonyme André Citroën» (coñecida coma Citroën) en 1919. Foi o primeiro en Europa en empregar métodos de traballo en cadea. Algunhas das súas innovacións foron o acendido eléctrico, a carrozaría monopraza e a tracción dianteira.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

André Citroën era fillo dun xudeu holandés vendedor de diamantes, Levie Citroen, e Mazra Kleinmann nada en Polonia. Aos vinte anos graduouse na Ecole Polytechnique, a máis prestixiosa escola de enxeñería francesa.

O seu primeiro traballo foi nunha empresa de fabricación de rodas propiedade duns amigos da familia, onde viu o sistema de engrenaxe que lle serviu de inspiración para a dobre frecha ou chevron que empregou como logotipo nos seus coches. No ano 1912 Citroën visitou os Estados Unidos e a nova fábrica de Henry Ford onde observou os métodos de traballo en cadea empregados na produción do Model T e que permitían maior eficiencia na fabricación dos automóbiles. Durante a I Guerra Mundial Citroën fabricou armas e ao seu remate fundou a «Société Anonyme André Citroën» dedicada á fabricación de automóbiles. O ano seguinte da súa inauguración fabricou 20.000 automóbiles. A principios dos anos trinta Citroën era o cuarto maior fabricante de automóbiles do mundo, pero en 1934 amoreaba débedas multitudinarias dos anos anteriores e, o maior acredor da compañía, o fabricante de pneumáticos Michelin tomou o control da fábrica, reducindo os gastos.

André Citroën faleceu dun cancro de estómago o 3 de xullo de 1935 en París.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: André Citroën Modificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]