Anax

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Inscrición arcaica (...Ι ϜΑΝΑΚΤΙ) ([poteidan]i wanakti) nun fragmento de cerámica.

O termo Anax é unha palabra antiga do grego para o termo "rei". Este é un dos dous títulos gregos que tradicionalmente se traducen desta forma, o outro e basileo βασιλεύς, que se traduce como soberano. Anax tradúcese máis axeitadamente coma "Rei Supremo".

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

A palabra anax deriva de wanakt-' (ϜΑΝΑΞ, ϜΑΝΑΚΤΟΣ), e aparece na lingua micénica, escrito en Lineal B como wa-na-ka. A digamma pronunciábase /w/ e exténdese moi cedo polos dialectos gregos do oeste (p.e. xónico).

O termo Anax n'A Ilíada utilízase para referirse a Agamenón (ἄναξ ἀνδρῶν, "Comandante en Xefe") e a Príamo, reis que exercían o seu liderado por enriba de outros reis. Esta xerarquía pola que un "anax" exercía o poder sobre varios "basileos" locais fai referencia probablemente a unha organización política proto-feudal na idade de Bronce grega. A palabra do Lineal B wanakteros, que significa "real", e a palabra grega anaktoron (ἀνάκτορον), que significa "palacio", teñen derivado de wanax. Anax é tamén un epíteto cerimonial de Zeus ("Zeus Anax") no seu aspecto de Señor Supremo do Universo, incluindo ao resto dos Deuses. A acepción de "rei" a partir do termo basileo na Grecia Clásica é debida ao troco terminolóxico que tivo lugar perante a Idade Escura Grega. En tempos micénicos, βασιλεύς aparece para facer referencia a un oficial de baixa graduación, mentres que en Homero, Anax xa é un título arcaico, usado para heroes lexendarios e deuses máis ca para reis contemporáneos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Palaima, Thomas G. (1995). "The Nature of the Mycenaean Wanax: Non-Indo-European Origins and Priestly Functions". In: Paul Rehak (Ed.), The Role of the Ruler in the Prehistoric Aegean (= Aegaeum 11), Liège, pp. 119-139.
  • Jean-Pierre Vernant,"Les Origines de la pensée grecque" ,(PUF, 1962)
  • Naoko Yamagata: ἄναξ and βασιλεύς in Homer,en The Classical Quarterly 47, 1997, páxs.1-14.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]