Anablépidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Anableps anableps

Os Anablépidos (Anablepidae, Garman 1895 [1]) son unha familia de peixes teleósteos da orde dos Ciprinodontiformes (Cyprinodontiformes). Viven en augas doces interiores de zonas tropicais americanas (desde o sur de México ata o sur de Sudamérica) pero pode achegarse ás desembocaduras, soportando augas salobres.

Índice

[editar] Características

Corpo alargado, algo deprimido no terzo anterior. A cabeza é ancha e aplastada, coa rexión supraorbital avultada. A boca é horizontal e o maxilar algo protráctil.

O trazo más característico son os ollos, grandes e aparentemente divididos en dous: a metade superior emerxe da superficie da auga e permite a visión exterior; a metade inferior permanece somerxida e permite a visión baixo a auga. Esta característica explica a denominación popular de peixes catro ollos.

Unha soa aleta dorsal, que é pequena e redondeada. A aleta anal dos machos está transformada nun órgano subcónico, destinado á copula. Son vivíparos, excepto o xénero Oxyzygonectes, que é ovíparo.

[editar] Clasificación

Divídense en tres xéneros e 9 especies:

  • Subfamilia Anablepinae
    • Xenero Anableps
    • Xenero Jenynsia
  • Subfamilia Oxyxygonectinae
    • Xenero Oxyzygonectes

[editar] Notas

  1. Antes Anablepsidae.

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe a especie: Anablépidos
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas