Amálgama (química)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Restauración dental con amálgama

A amálgama en química é en concreto unha aliaxe de mercurio con outro metal, principalmente coa prata e outros metais tales como estaño e cobre, ou tamén cunha aliaxe. A amálgama ten un baixo coeficiente de dilatación, boa estabilidade dimensional e resistencia. A amálgama fórmase doadamente, sen necesidade de quencemento. A maioría dos metais son solubles en mercurio, mais algún como o ferro non o son. As amálgamas úsanse en empastes dentais.

Controversia co uso dental das amálgamas[editar | editar a fonte]

Existe un debate obre o uso de amálgamas, ao conter mercurio, como empastes dentais. Unha minoría de dentistas oponse a tal uso desde que este uso comezou hai uns 50 anos.

Nalgúns países como por exemplo Suecia, a amálgama dental foi proibida debido á potencial toxicidade do mercurio se é absorbido polo organismo ao longo dos anos.