Alicia Crespí González
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) María Alicia Crespí González 24 de outubro de 1922 Pontevedra, España |
Morte | 31 de maio de 2012 (89 anos) Madrid, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | profesora universitaria , química |
Empregador | Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid |
María Alicia Crespí González, nada en Pontevedra o 24 de outubro de 1922 e finada en Madrid o 31 de maio de 2012, foi unha científica e profesora galega, a primeira catedrática dunha escola superior en España.[1][2]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Neta de Antonio Crespí Más, secretario do Instituto de Pontevedra, por parte paterna e de Avelina Pérez Vázquez por parte materna. Estudou no colexio das Doroteas. Iniciou a carreira de químicas na Universidade de Santiago de Compostela e rematou en Madrid, onde tamén fixo o doutoramento. Foi catedrática de electrotecnia, luminotecnia e técnicas de acondicionamento e acústica na ETS de Arquitectura de Madrid, investigadora na Junta de Energía Nuclear e catedrática de materias primas da Escola de Comercio de Cidade Real.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Ángel González Ferrero. Legou ao Museo de Pontevedra 840.000 euros e unha colección de arte.[3]
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- González de León, I. e Núñez Valdés, J. (2018). "Mujeres pioneras de la arquitectura española". Investigación y género. Reflexiones desde la investigación para avanzar en igualdad : VII Congreso Universitario Internacional Investigación y Género. Universidad de Sevilla. ISBN 978-84-948975-3-5.
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Una pionera en la investigación y en la enseñanza
- Alicia Crespí González na páxina web Do gris ao violeta