Alfonso Flórez Quiroga
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1835 O Castro de Valdeorras, España |
Morte | decembro de 1922 (86/87 anos) O Barco de Valdeorras, España |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
Senador de España | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Alfonso Flórez de Losada Quiroga, nado no Castro de Valdeorras (O Barco de Valdeorras) en 1835 e finado no Barco de Valdeorras en decembro de 1922, foi un político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Ildefonso Flórez Losada del Páramo e Dolores Quiroga Puga. Estudou leis e licenciose en Dereito. Foi elixido deputado polo distrito de Xinzo de Limia nas eleccións de 1865. Na Restauración presentouse a deputado polo distrito de Valdeorras nas eleccións de 1886 enfrontado a Enrique Santana López que estaba apoiado polo gobernador civil e o líder conservador Manuel Quiroga Vázquez, sufriu o apedreamento da casa polos partidarios de Santana e o cura de Petín ameazou con negarlle a absolución aos que o votaran, e non saíu elixido. En 1889 o deputado polo distrito de Redondela Tomás Piñeiro Aguilar, marqués de Bendaña, renunciou ao escano ao ser nomeado ministro plenipotenciario en Constantinopla e Alfonso Flórez foi elixido deputado nunhas eleccións parciais. Nas eleccións de 1893 foi deputado polo distrito de Valdeorras. Foi elixido senador pola provincia de Ourense en 1898. Foi nomeado gobernador civil de Córdoba en marzo de 1901,[1] presentando a súa dimisión en agosto.[2] Finou no Barco de Valdeorras en decembro de 1922.[3]
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Era irmán de Clotilde Flórez de Losada Quiroga, que casou con Pedro Sanjurjo Pérez. Casou en 1862 con Leonor Suárez de Deza Tineo, filla de Apolinar Suárez de Deza, e foi pai de Alfonso Flórez de Losada Suárez de Deza.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Barreiro Fernández, Xosé R. (coord.) (2003). Parlamentarios de Galicia. Biografías de deputados e senadores (1810-2003). Santiago de Compostela: Parlamento de Galicia, Real Academia Galega. pp. 273–274. ISBN 84-87987-27-3.