Alexandra Vandernoot

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Alexandra Vandernoot, nada en Bruxelas o 19 de setembro de 1965, é unha actriz belga de teatro, cine e televisión.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla do director de orquestra bruselense André Vandernoot e dunha bailarina, pasou a súa infancia en Waterloo e estudou humanidades e máis tarde arte dramática no Conservatorio Real de Bruxelas. É coñecida internacionalmente polo seu papel na serie estadounidense Highlander e polos seus personaxes en numerosas películas francesas como Le dîner des cons.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]