Alentejo Litoral

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alentejo Litoral
Localización de Alentejo Litoral

Alentejo Litoral é unha subrexión estatística portuguesa que forma parte da Rexión do Alentejo. Está integrada por cinco concellos pertencentes aos distritos de Setúbal e Beja. Limita ao norte coas subrexións da Península de Setúbal e o Alentejo Central, ao leste coa de Baixo Alentejo, ao sur co Algarve, e ao oeste co Océano Atlántico. Abrangue unha superficie de 5.261 km² e ten unha poboación estimada de 97.895 (2011[1].

Concellos[editar | editar a fonte]

Comprende 5 concellos:

Os principais núcleos urbanos son as cidades de Santiago do Cacém, Sines, Alcácer do Sal e Vila Nova de Santo André (no concello de Santiago do Cacém) e a vila de Grândola. O litoral ao sur de São Torpes (Sines) forma parte do Parque Natural do Sudoeste Alentejano e Costa Vicentina.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]