Alberto Mediavilla Martínez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1922 (101/102 anos) As Figueiras, España |
Alcalde de Ribadeo | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | veterinario |
Alberto Mediavilla Martínez, nado nas Figueiras (Castropol) en 1922, foi un veterinario e político asturiano.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Veterinario e director do Instituto Laboral de Ribadeo. Militante de Falange Española Tradicionalista y de las JONS dende 1941. Presidente da Hermandad de Labradores y Ganaderos de Ribadeo e delegado local de organizacións do Movimiento. No franquismo foi nomeado alcalde de Ribadeo en febreiro de 1964.[1] Dimitiu do cargo en xullo de 1966.[2]
En 1962, foi nomeado director do Centro de Ensinanza Media e Profesional de Ribadeo[3] e posteriormente, pasou a ser catedrático do Instituto Carlos María Rodríguez de Valcárcel de Madrid e catedrático de Bioloxía da Universidade de Oviedo.
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
Creouse o premio Fin de Carreira da Diplomatura en Maxisterio en Educación Especial Alberto Mediavilla Martínez.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ El Progreso, 28-2-1964, p. 7.
- ↑ El Progreso, 20-7-1966, p. 7.
- ↑ "Orden de 20 de octubre de 1962 por la que se nombra Director del Centro de Enseñanza Media y Profesional de Ribadeo al Profesor del mismo don Alberto Mediavilla Martínez" (PDF). boe.es (en castelán). BOE 264. 3 de novembro de 1962. p. 15615. Consultado o 12 de abril de 2023.
Predecesor: Francisco Maseda García |
Alcalde de Ribadeo 1964 - 1966 |
Sucesor: Enrique de la Cuétara González de Regueral |