Alba Doval
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1996 (27/28 anos) Ribadavia, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | tradutora , escritora |
Lingua | Lingua galega e lingua castelá |
Alba Doval Rodríguez, nada en Ribadavia en 1996, é unha tradutora e escritora galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou Filoloxía inglesa e fixo un máster en Estudos da Literatura e da Cultura na Universidade de Santiago de Compostela. Cursa un máster en Tradución Especializada na Universidade de Vigo.
Obras[editar | editar a fonte]
- Unidade, Rodolfo e Priscila, 2022.
Traducións[editar | editar a fonte]
- Poemas, de Chika Sagawa, con Sawako Nakayasu (Rinocerote Editora, 2021).
Premios[editar | editar a fonte]
En 2022 gañou o premio de poesía Díaz Jácome.[1]