Alba Aguión

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAlba Aguión
Biografía
Nacemento1990 Editar o valor em Wikidata (33/34 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióninvestigadora , divulgadora científica Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Duke (pt) Traducir, investigadora pós-doutoral (pt) Traducir (2022–)
Universidade de Vigo Editar o valor em Wikidata

Alba Aguión Tarrío, nada en A Coruña en 1990, é unha bióloga galega, investigadora e divulgadora.[1] En 2016 foi subcampioa mundial do concurso de monólogos FameLab organizado pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (Fecyt), o British Council e Obra Social “la Caixa”.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Alba Aguión é licenciada en bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, con dobre especialidade en Zooloxía e Bioloxía Mariña. Posteriormente cursou un máster en Ecoloxía na cidade de York e traballou para a compañía Education Through Expeditions (ETE) realizando talleres sobre o Àrtico e a ciencia polar. [3]

Na actualidade traballa como investigadora na Universidade de Vigo, no grupo de investigación Future Oceans Lab liderado por Elena Ojea,[4] e realiza su doutoramento sobre os efectos do cambio climático sobre a pesca do percebe en Galicia.[5] En 2019 foi seleccionada para formar parte da iniciativa Homeward Bound, que pretende construír unha rede global de mulleres dedicada a fortalecer o liderado feminino na loita contra o cambio climático e polo futuro do planeta.[6]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

En 2016 foi a Gañadora do concurso de monólogos científicos Famelab España 2016 e obtivo o segundo posto en International Famelab 2016 representando a España.[7] En 2017 gañou o concurso de vídeos de ciencia da Fundación Aquae 2017 e Somos Científicos 2017.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Perfil – Zona Magnesio" (en castelán). Consultado o 2020-08-30. 
  2. Redacción (2019-10-01). "Alba Aguión, unha galega na Antártida polo futuro do planeta". GCiencia. Consultado o 2020-08-30. 
  3. García, Victoria (2016-03-30). "A bióloga Alba Aguión, na final dos monólogos de Famelab". GCiencia. Consultado o 2020-08-30. 
  4. "Future Oceans Lab – Climate Adaptation Research in Marine Systems". futureoceanslab.org. Consultado o 2020-08-30. 
  5. "Conferencias". www.muncyt.es. Consultado o 2020-08-30. 
  6. 6,0 6,1 "Homeward Bound – AA". Arquivado dende o orixinal o 04 de agosto de 2020. Consultado o 2020-08-30. 
  7. "La inteligencia del hormiguero". Mujeres con ciencia (en castelán). 2016-07-17. Consultado o 2020-08-30. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas