Al-Mutawakkil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mesquita de Samarra.

Al-Mutawakkil Ala Allah Jafar bin al-Mu'tasim, nado en marzo de 821 e finado en decembro de 861, foi o décimo califa abasí, que reinou o seu imperio dende Samarra entre os anos 847 e 861, sucedendo ó seu irmán Al-Wathiq.

Califato abasí no ano 850.

Apaixonado polas grandes construccións arquitectónicas, converteu á cidade de Samarra nunha das máis monumentais da súa época, construindo nela 20 palacios.

No tocante á politica, arrebatoulle Sicilia ós bizantinos. Dentro dos territorios do califato amosouse tolerante durante os primeiros anos do seu goberno, pero mais adiante marxinou a xiís, cristiáns e xudeus, mandando ademais destruir igrexas, sinagogas e o importante santuario xií de Husayn ibn Ali en Kerbala.

A pesar desas accións, o reinado de al-Mutawakkil recórdase polas súas numerosas reformas, e considérase a época dourada do califato abasí.

Al-Mutawakkil empregou escravos turcos para reprimir revoltas internas e defenderse das invasión externas, e finalmente morreu asasinado por un deses escravos turcos, sospeitase que inducido polo seu propio fillo Al-Muntasir, quen ocupou o trono trala súa morte dende o ano 861.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]