Afrihili

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Afrihili
El-Afrihili
Creado por: K. A. Kumi Attobrah1970
Emprego e uso: Lingua auxiliar internacional
Total de falantes:
Categoria (propósito): Lingua artificial para ser usada en África
Categoria (fontes): Principalmente suahili e akan
Escrita: Alfabeto latino
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: afh
ISO 639-3: afh
Mapa
Status

O afrihili (Ni Afrihili Oluga 'a lingua afrihili') é unha lingua artificial deseñada en 1970 por K. A. Kumi Attobrah (Kumi Atɔbra) para ser usada como lingua franca en toda África. O nome da lingua provén da combinación de África con suahili. O seu creador, nativo de Akrokerri (Akrokɛri), Ghana, concibiu a idea orixinalmente en 1967 durante unha viaxe de Dover a Calais. A súa intención era "promover a unidade e o entendemento entre os diferentes pobos do continente, reducir custos debido a traducións e promover o comercio". Foi creada de tal xeito que fose fácil de aprender por africanos.

O afrihili toma a súa fonoloxía, morfoloxía e sintaxe de varias linguas africanas, particularmente do suahili e o akan. O léxico provén de lingua africanas, como tamén doutras moitas fontes dalgún xeito "africanizadas" para non parecer estranxeiras, aínda que o seu creador non indica ningunha etimoloxía. Aínda así, a semántica aseméllase bastante ao inglés, quizais pola forte influencia deste no suahili e o akan escritos.

A lingua emprega o alfabeto latino máis dúas vogais a maiores, ⟨Ɛ ɛ⟩ e ⟨Ɔ ɔ⟩, que se empregan nas linguas de Gana e no IPA, ɛ e ɔ. Os nomes estranxeiros escríbense foneticamente no canto de coa ortografía orixinal, así, por exemplo, 'Hastings' é Hestins. Posúe dous dígrafos, ⟨ch⟩ e ⟨sh⟩, que teñen a súa correspondencia no inglés e no suahili, e ʃ. J e y pronúncianse como e j. Ng non é dígrafo, como no inglés finger, [ŋɡ].

Non posúe tons. O acento atópase na penúltima vogal. Os signos de admiración póñense no comezo da frase, mentres que os de interrogación van ao final.

Exemplos[editar | editar a fonte]

Zuri lu – Bo día (alu 'un día')
Zuri zinga – Boa mañá
Zuri masa – Boa tarde
Zuri dani – Bo serán
Zuri bali – Boa noite
Jo koni – Ir deseguida
! Afuraho – Saúde!

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • K. A. Kumi Attobrah: Ni Afrihili Oluga. The African Continental Language (First Edition, 1970; Second Edition, 1973)

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • An Afrihili newsletter (1971 version) on Roger Blench's website.[1]()
  • A summary of additional details of the verbal and derivational system, Afrihili Notes. ()