Afram Badi
Nome orixinal | (ar) افرام بدي |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 20 de xuño de 1916 |
Morte | 18 de xaneiro de 1984 (67 anos) |
Bispo diocesano | |
23 de abril de 1980 – Diocese: Eparquía católica caldea do Cairo | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1980–), sacerdote católico (1941–) |
Consagración | Paul II Cheikho (en) |
Afram Badi[1] (en árabe: افرام بدي), nado o 20 de xuño de 1916 e finado o 18 de xaneiro de 1984, foi un bispo católico caldeo, primeiro bispo da eparquía do Cairo dende 1980 até o seu pasamento.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Afrem Badi naceu no territorio da eparquía de Alqux o 20 de xuño de 1916.[2] O 15 de maio de 1941 foi ordenado sacerdote.[2]
O 23 de abril de 1980 foi nomeado bispo da nova eparquía do Cairo.[2] Recibiu a consagración episcopal o 15 de agosto[2] do mesmo ano en Bagdad, de mans do patriarca Paulo II, e tivo como co-consagradores ao pro-nuncio para Iraq e Kuwait Antonio del Giudice e ao arcebispo de Kirkuk André Sana. Finou no cargo, o 18 de xaneiro de 1984.