Aeroxel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A flor non se queima baixo o lume do chisqueiro Bunsen debido ás propiedades illantes do aeroxel.
Un ladrillo de 2,5 kg soportado por 2 g de aeroxel.

O aeroxel é una substancia coloidal similar ao xel no cal o compoñente líquido é substituído por un gas obtendo como resultado un sólido de moi baixa densidade (3 mg/cm³ ou 3 kg/m³) e altamente poroso, con certas propiedades moi sorprendentes como é a súa enorme capacidade de illamento térmico. O 99´8 % é ar.

Este material está xeralmente composto por un 90,5% a un 99,8% de ar, é mil veces menos denso que o vidro e unhas tres veces máis denso que o ar. Familiarmente é denominado fume conxelado, fume sólido ou fume azul debido á súa natureza semitransparente. Ao tacto, ten unha consistencia similar á espuma de polistireno.

Posúe un índice de refracción do 1,0, moi baixo para un sólido. A velocidade do son a través del é moi baixa, 100 m/s. O seu aspecto é "fantasmagórico" e ten unha resistencia considerable posto que soporta máis de 1.000 veces o seu peso.

Esta substancia foi creada por Samuel Stephens Kistler en 1931, como resultado dunha aposta entre el e Charles Learned, sobre quen podería substituír o líquido dun tarro de marmelada por gas sen que o volume deste diminuíse.

O aeroxel pódese fabricar a partir de moi diferentes materiais; as investigacións de Kirstler consistían en aeroxeis baseados en sílice, circonio, alumina, óxido de cromo, estaño e carbono.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aeroxel