Acetone

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Acetone
OrixeOs Ánxeles, California,
Período1992 - 2001
Xénero(s)rock alternativo
Selo(s) discográfico(s)Vernon Yard, Virgin, Vapor
MembrosRichie Lee
Mark Lightcap
Steve Hadley
Na rede
Facebook: Acetone-band-350448523842 MySpace: 57737300 Musicbrainz: 56583c57-ca4c-4888-bbd6-008eebb03c0f Songkick: 62259 Discogs: 162093 Allmusic: mn0000495563 Editar o valor em Wikidata

Acetone foi unha banda estadounidense de rock alternativo formada en 1992 nos Ánxeles, California, polos tres membros principais do grupo Spinout, formado en 1987.[1][2] A banda estaba composta por Mark Lightcap na guitarra, Richie Lee no baixo e Steve Hadley na batería. Acetone disolveuse despois de que Lee se suicidase o 23 de xullo de 2001, con 34 anos de idade.[3]

Entre as influencias do grupo estaban The Beach Boys, Gram Parsons e The Velvet Underground.[4] Acetone estableceuse como un grupo de rock alternativo, pero a banda incorporou xéneros á súa música que ían dende a neopsicodelia ata o rock de raíces, pasando polo country.[5]

Acetone ten tocado un feixe de veces dende a morte de Lee, destacando unha actuación con Hope Sandoval, vocalista de Mazzy Star, no ano 2017.[6]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo Notas
Acetone 1993 Vernon Yard Records EP
Cindy 1993 Vernon Yard Records álbum
I Guess I Would 1995 Virgin Records álbum
If You Only Knew 1996 Vernon Yard Records álbum
Acetone 1997 Vapor Records álbum
York Blvd. 2000 Vapor Records álbum
Acetone 1992-2001 2017 Light in the Attic Records recompilatorio

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Lost '90s Anti-Rockers Star as Themselves in a New Book and Double Album". LA Weekly (en inglés). 2017-09-26. Consultado o 2023-03-19. 
  2. Nichols, Natalie (2001-02-03). "Taking a Dreamy Ramble With Alt-Roots-Rock Acetone". Los Angeles Times (en inglés). Consultado o 2023-03-19. 
  3. Saraceno, Christina (2001-08-03). "Acetone's Richie Lee Dies at 34". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2023-03-19. 
  4. "Acetone: 1992-2001". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2023-03-19. 
  5. "Acetone Songs, Albums, Reviews, Bio & More". AllMusic (en inglés). Consultado o 2023-03-19. 
  6. "Acetone Perform With Hope Sandoval At First Show In Over 16 Years". Stereogum (en inglés). 2017-11-16. Consultado o 2023-03-19.