Acerra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Acerra é un concello italiano da provincia de Nápoles, na rexión de Campania. O seu nome latino era Acerrae. Ten 44.401 habitantes[Cómpre referencia].

[editar] Historia

Cidade fundada polos etruscos no século IV a.C., sobre un asentamento osco, o que a converte na cidade máis antiga da Campania. No 332 a.C. foi a primeira cidade en obter a civitas romana na Campania. Destruída por Aníbal no 211 a.C., foi reconstruída cinco anos despois. Baixo Augusto convértese nun importante centro comercial. Entre o XI e o XII estivo baixo o poder dos normandos.

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas