Abraham Hyacinthe Anquetil-Duperron

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Abraham Hyacinthe Anquetil-Duperron

Abraham Hyacinthe Anquetil-Duperron, nado en París en 1731 e finado na mesma cidade en 1805, foi un orientalista francés.

[editar] Traxectoria

Educado para o sacerdocio, o seu interese polo hebreo, persa, árabe e outras linguas asiáticas fíxo que cambiase de vocación, embarcouse como soldado da Compañía francesa das Indias Orientais, o que lle permitiu chegar á India en 1754. Durante sete anos percorre o país, vivindo coa poboación nativa, foi o primeiro europeo en estudar aos parsis. En 1762 os británicos repatríano despois da súa conquista de Pondichéry. En 1771 publica a tradución ao francés do Zend-Avesta, o libro sagrado dos Parsis. Publica tamén Legislation orientale (1778), Recherches historiques et geographiques sur L'Inde (1786), L'Inde en rapport avec l'Europe (1798)

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas