Abertzaleen Batasuna
| Abertzaleen Batasuna (AB) | |
|---|---|
| Partido político do País Vasco francés | |
| Fundación | 1993 (coalición) 2001 (partido) |
| Sede | Rúa Cordelliers, 25. Baiona |
| Ideoloxía | Independentismo vasco Esquerda |
| Páxina web | www.abertzaleen-batasuna.com |
Abertzaleen Batasuna (Unión dos Nacionalistas en éuscaro) (A.B.) é un partido político do País Vasco francés.
É o partido nacionalista vasco máis forte en Iparralde recibindo arredor do 10% dos votos neste territorio. O seu obxectivo prioritario é a creación dun departamento do Pays Basque de forma separada ó de Pyrenees Atlantiques. Ideoloxicamente, como outros partidos nacionalistas vascos, ten unha ideoloxía esquerdista.
En 2001, membros de AB que desexaban un vínculo máis forte cos vascos do sur abandonaron o partido e formaron a rama vascofrancesa de Batasuna, un partido diferente pero de similar ideoloxía, activo no País Vasco francés e ilegal pero forte no País Vasco español.
AB non xustifica a violencia de ETA, pedindo unha tregua e posterior negociación. ETA ten criticado[1] a AB por esta falta de apoio de aqueles a quen vían como unha organización afín.
O xornal máis relacionado con AB é Enbata.
[editar] Véxase tamén
[editar] Notas
- ↑ El Mundo: ETA arremete contra los escindidos de EH , 4 de abril de 2002.