Abdul Rashid Dostum
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Abdul Rashid Dostum (ou Abdurrashid Dostum), nado en 1954, é o ministro de defensa de Afganistán e un dos chamados señores da guerra uzbecos.
Formou na década de 1970 unha milicia uzbeca que apoiou á República Democrática de Afganistán contra da dos mujahedin, apoiados por Estados Unidos. O 18 de abril de 1992 sublevouse contra o goberno de Mohammed Najibullah, aliándose con Ahmed Shah Massoud. Xuntos capturaron Cabul, a capital afgana.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado cunha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outras biografías que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
