Abbey Theatre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Exterior do Abbey Theatre.

O Abbey Theatre ou Amharclann na Mainistreach en irlandés (en galego Teatro da Abadía), tamén coñecido como Teatro Nacional de Irlanda ou Amharclann Náisiúnta na hÉireann, é un teatro da cidade de Dublín, Irlanda. Abriu por primeira vez as súas portas ao público o 27 de decembro de 1904, e a pesar de perder o seu edificio orixinal logo dun incendio en 1951, continuou presentando obras con máis ou menos continuidade ata o presente. O Abbey foi o primeiro teatro subsidiado polo estado no mundo angloparlante; dende o ano 1925 recibiu un subsidio anual do Estado Libre Irlandés.

Nos seus primeiros anos, o teatro estaba fórtemente asociado aos escritores do renacemento celta, moitos dos cales se involucraron na súa fundación, e a meirande parte deles presentaron as súas obras alí. O Abbey Theatre foi a escola de moitos dos escritores irlandeses destacados do século XX. Ademais, a través do seu extenso programa de xiras e a súa gran visibilidade no extranxeiro, particularmente de audiencias norteamericanas, converteuse nunha parte importante da industria turística de Irlanda.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Abbey Theatre

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]