Aalen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antiga casa do concello

Aalen é unha cidade alemá con status de Große Kreisstadt e unha antiga Cidade Imperial Libre, localizada nas beiras do río Kocher, no leste de Baden-Württemberg a 70 km de Stuttgart, constitúe un importante núcleo de comunicacións e centro industrial e comercial. A súa poboación é de 66.217 habitantes (2011) nunha superficie de 146.63 km². A cidade deu nome a unha das subdivisións do Xurásico, o Aaleniano.