Aaleniano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Aaleniano é unha subdivisión do Xurásico Medio que na escala temporal xeolóxica esténdese desde os 176.5 ata os 171.6 millóns de anos. Vai precedido do Toarciano e seguido do Baxociano. O nome procede da cidade alemá de Aalen dado polo xeólogo suízo Karl Mayer-Eymar en 1864, caracterízase polo predominio de margas ou calcarias fosilizadas e frecuentemente ferríferas.