A educación do home e da muller e outros escritos feministas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A educación do home e da muller e outros escritos feministas
Autor/aEmilia Pardo Bazán
OrixeGalicia
Linguagalego
Tema(s)O pensamento feminista de Emilia Pardo Bazán
Xénero(s)Ensaio
EditorialReal Academia Galega e Parlamento de Galicia
Data de pub.2021
Páxinas108
TraduciónMónica Bar Cendón
editar datos en Wikidata ]

A educación do home e da muller e outros escritos feministas[1] é un libro publicado pola Real Academia Galega e o Parlamento de Galicia publicado co gallo do centenario do pasamento de Emilia Pardo Bazán. Este libro recolle o ensaio A educación do home e a muller presentado no Congreso Pedagóxico de 1892 e traducido ao galego por Mónica Bar Cendón e outros escritos feministas seleccionados por Marilar Aleixandre que contribúen ao coñecemento do pensamento dunha muller adiantada ao seu tempo.[2]

Contido[editar | editar a fonte]

Inclúe limiares de Miguel Santalices, Víctor Freixanes e Marilar Aleixandre e os seguintes textos de Emilia Pardo Bazán:

  • "A educación do home e da muller as súas relacións e as súas diferenzas" (de 1892).
  • "Feminismo" (1901)
  • "Mullericidios" (1901)
  • "Como nas cavernas" (1901)
  • "Elisa e Marcela" (1901)
  • "Maltrato" (1907)
  • "Fumar" (1911)
  • "O decoro" (1915)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. O libro está dispoñible e pódese descargar libremente dende a páxina web da RAG: "A educación do home e da muller". 
  2. "Unha edición en galego de oito textos de Pardo Bazán para descubrir unha "radical feminista" adiantada ao seu tempo". Real Academia Galega. 16/9/2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]