A crueldade de abril

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A crueldade de abril
Autor/aDiego Ameixeiras
CubertaPaula Gómez del Valle
OrixeGaliza
Linguagalego
ColecciónNarrativa, nº 424
Xénero(s)Novela negra
EditorialEdicións Xerais
Data de pub.Abril de 2018
Formato14,5 x 22 cm.
edición rústica cosida a fío
Páxinas132
ISBNISBN 9788491213383
editar datos en Wikidata ]

A crueldade de abril é unha novela negra de Diego Ameixeiras editada en 2018 por Edicións Xerais de Galicia. O título do libro deriva duns versos da obra A terra baldía de T. S. Eliot.

Trama[editar | editar a fonte]

Elvira é unha muller de vinte anos que escribe poesía. Ten tendencias depresivas, e di que desexa morrer. Gústalle a Fara, un home alcohólico que pide esmola á porta dun supermercado, e este dálle a Elvira refuxio nunha vivenda abandonada. Esa noite, Elvira e outro home morren nesa vivenda por mor dun incendio. Fara consegue sobrevivir, e marcha da cidade. Cinco anos despois, antes de morrer, cóntalle a Gonzalo -o irmán de Elvira- o que pasou aquela noite. Dúas persoas entraran na vivenda abandonada e déranlle unha malleira a el, á súa irmá e ao outro home. Gonzalo decide vingar a morte da súa irmá e vai á procura das persoas que entraron á vivenda e dun terceiro que agardaba no coche.

Narración[editar | editar a fonte]

A novela, de 45 capítulos, está estruturada en tres partes: «O amor», «A vinganza» e «O odio». O autor emprega un narrador omnisciente en terceira persoa.

A diferenza doutras obras do autor, non se dan indicacións sobre a vila ou cidade na que están ambientados os feitos.

Crítica[editar | editar a fonte]

Descoñezo a sorte que correrá «A crueldade de abril» e se se converterá, ou non, nun libro importante mais atesoura méritos que, ao meu ver, o sitúan entre o mellor do autor ata o de agora.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ramón Nicolás (2 de maio de 2018). "A crueldade de abril, de Diego Ameixeiras". O caderno da crítica.