A Game of Thrones (xogo de mesa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Game of Thrones é un xogo de mesa de estratexia creado por Christian T. Petersen e comercializado por Fantasy Flight Games no 2003. O xogo baséase na serie de libros de fantasía A Song of Ice and Fire de George R. R. Martin. O xogo ten dúas expansións, A Clash of Kings (2004) e A Storm of Swords (2006).

A Game of Thrones permite ós xogadores escoller entre varias das Grandes Casas que loitan polo control dos Sete Reinos, incluíndo a Casa Stark, a Casa Lannister, a Casa Baratheon, a Casa Greyjoy, a Casa Tyrell e na expansión A Clash of Kings, a Casa Martell. Os xogadores controlan exércitos para asegurar o apoio nas diversas rexións que compoñen os Sete Reinos co obxectivo de captar apoio dabondo para reivindicar o Trono de Ferro. A mecánica básica do xogo lembra á de Diplomacy, especialmente no proceso de dar ordes.

No 2004, A Game of Thrones gañou tres Premio Origins ó Mellor xogo de mesa tradicional, Mellor xogo de mesa e Mellor deseño entre tódolos xogos de 2003.[1]

Unha segunda edición do xogo foi comercializada no 2011.

Notas[editar | editar a fonte]