A Storm of Swords

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Storm of Swords
Título orixinal A Storm of Swords
Autor George R. R. Martin
Artista da cuberta Steve Youll
País Estados Unidos
Lingua Inglés
Colección A Song of Ice and Fire
Xénero(s) Fantasía
Editorial Bantam Books (Estados Unidos)
Data de pub. 8 de agosto de 2000 Flag of the United Kingdom.svg
Novembro de 2000 Flag of the United States.svg
Páxinas 626 (RU tapa dura primeiro tomo), 610 (RU tapa dura primeiro tomo), 973 (USA tapa dura), 976 (RU tapa branda) 1216 (USA tapa branda)
ISBN ISBN 0-553-10663-5 (USA tapa dura), ISBN 0-00-224586-8 (RU), ISBN 0-553-57342-X (US tapa branda)
Precedido por A Clash of Kings
Seguido por A Feast for Crows

A Storm of Swords ("Treboada de espadas") é o terceiro libro da saga literaria A Song of Ice and Fire, unha a serie de fantasía escrita polo autor estadounidense George R. R. Martin. Foi publicado por vez primeira o 8 de agosto de 2000 no Reino Unido,[1] á cal lle seguiu en novembro a edición dos Estados Unidos de América. A súa publicación foi precedida pola novela Path of the Dragon, que recolle os capítulos de Daenerys Targaryen nun só libro.

No momento da súa publicación, A Storm of Swords foi a parte máis longa da serie. A súa extensión fixo que no Reino Unido, Australia e Israel as edición de tapas brandas fosen divididas en dúas metades, sendo a parte 1 publicada baixo o nome Steel and Snow en xuño de 2001 e a parte 2 como Blood and Gold en agosto de 2001. A mesma división foi utilizada na edición polaca. En Francia, tomouse a decisión de dividir a novela en catro partes.

A Storm of Swords gañou o Premio Locus de 2001,[2] o Premio Geffen de 2002 na categoría de mellor novela e foi nomeada no 2001 ó Premio Nebula.[2] Foi a primeira novela da serie en ser nomeada ó Premio Hugo, un dos máis prestixiosos galardóns no xénero de ficción científica e fantasía. Porén, perdeu contra a novela de J. K. Rowling Harry Potter e o Cáliz de fogo.[2][3]

A Storm of Swords tamén é o nome da segunda expansión do do xogo de mesa A Game of Thrones, lanzado en xullo de 2006. Aproximadamente a primeira parte da novela será adaptada na televisión como terceira temporada da serie da HBO Game of Thrones.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Miller, Faren (November 2000). "Locu Online Reviews: A Storm of Swords (August 2000)". Locus. LocusMag.com. http://www.locusmag.com/2000/Reviews/BookReview11bMillerOnMartin.html. Consultado o March 7, 2010.
  2. 2,0 2,1 2,2 "2001 Award Winners & Nominees". Worlds Without End. http://www.worldswithoutend.com/books_year_index.asp?year=2001. Consultado o 2009-07-25.
  3. "2001 Hugo Awards". The Hugo Awards. 2001-09-03. http://www.thehugoawards.org/hugo-history/2001-hugo-awards/. Consultado o 2011-10-13.
  4. Martin, George R. R. (11 April 2012). "Season Three". http://grrm.livejournal.com/276653.html. Consultado o 11 April 2012.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]