Mundo de A Song of Ice and Fire

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O mundo ficticio de A Song of Ice and Fire, no que as novelas de George R. R. Martin teñen lugar, está dividido en varios continentes. A meirande parte da historia ocorre no continente de Westeros, que está dividido nos Sete Reinos (o Norte, as Illas de Ferro, o Val, as Terras do Oeste, as Terras da Tormenta, o Dominio e Dorne) e nunha área sen cartografar no norte, separada por un enorme muro de xeo. O vasto continente de Essos está separado de Westeros polo Mar Angosto ("Narrow Sea"). As nacións estranxeiras máis achegadas a Westeros son as "Cidades Libres", un grupo de cidades estado independentes situadas na costa oeste do continente. As terras da liña costeira sur, chamadas as do Mar de Verán, inclúen a Baía dos Escravos e as ruínas de Valyria, o antigo fogar dos reis Targaryen. Ó sur de Essos atópase o continente de Sothoryos e Ulthos, que na narración está inexplorado.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]