ANEGA
ANEGA | |
---|---|
Tipo | Sindicato estudantil |
Data de fundación | 30 de abril de 2016 |
País | España |
Na rede | |
http://www.anega.gal/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Asemblea Nacional das Estudantes Galegas (ANEGA) é un sindicato estudantil galego de carácter asembleario, que ten como obxectivo traballar en defensa dun ensino nacional, popular, científico, democrático e feminista. Pretende ser unha ferramenta "ampla, aberta, plural e participativa que aposta por un ensino público e galego de calidade"[1].
Historia[editar | editar a fonte]
Foi fundada o 30 de abril de 2016, como cumio dun proceso aberto a todo o estudantado galego denominado Asembleas de Base. A súa asemblea constituínte foi celebrada na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela, baixo o lema “Ensino galego para as maiorías sociais”.
Desde a súa creación, ANEGA participou de movementos de carácter aberto como a folga estudantil galega do 9 de marzo de 2017 ou a do 19 de abril de 2018, así como en diferentes asembleas abertas en centros de ensino de todo o territorio galego.
O 4 de maio de 2016, ANEGA entra por primeira vez no Claustro Universitario da Universidade de Santiago de Compostela, integrada na Candidatura Unitaria Estudantil (CUE), que será a candidatura maioritaria na representación estudantil tanto nesa ocasión como no seguinte proceso electoral[2]. En 2021 ANEGA preséntase en solitario, sendo o sindicato estudantil con maior representación, mentres que unha escisión tomou o nome da CUE, obtendo resultados máis cativos[3]. No curso 2021-2022, o sindicato paraliza a súa actividade[4].
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Los estudiantes constituyen una nueva organización". La Voz de Galicia (en castelán). 2016-05-03. Consultado o 2020-03-16.
- ↑ "A CUE, gañadora das eleccións estudantís, reclámalle ao novo reitor cambios na USC". Praza Pública. 2018-04-25. Consultado o 2022-04-26.
- ↑ "Eleccións 2020 - Secretaría General - USC". www.usc.gal. Consultado o 2022-04-26.
- ↑ "https://twitter.com/anegaestudantes". Twitter. Consultado o 2022-04-26. Ligazón externa en
|title=
(Axuda)