A Voz de Vilalba
A Voz de Vilalba | |
---|---|
Fundación | 1983 |
Remata | 1986 |
Lingua | Galego |
Localidade | Vilalba |
Tiraxe | 500 exemplares |
Na rede | |
http://www.avozdevilalba.gal/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Voz de Vilalba foi un xornal editado en Vilalba entre 1983 e 1986. Contou con vinte e sete números e varios especiais, e unha tiraxe media de cincocentos exemplares.
Historia
[editar | editar a fonte]O xornal saíu á rúa por primeira vez o 29 de xuño de 1983. Estaba promovido por tres rapaces, Moncho Paz, Paulo Naseiro e Mario Paz (de once e doce anos). A publicación estaba integramente en galego. Entre as actividades asociadas ao xornal tivo lugar en Vilalba unha exposición de diversos xornais de todo o mundo, en 1985.
En 2007 a Universidade Rei Xoán Carlos, de Madrid, e o Instituto de Estudos Chairegos, de Vilalba publicaron unha edición facsímile do xornal. O volume, prologado por Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega, contén un estudo introdutorio.
En febreiro de 2008 comezou a publicarse un blog co mesmo título, e onde colaboran os tres fundadores da Voz de Vilalba en papel. Recolle información e comentario das novas locais, así como moitas referencias a esa primeira época en papel. Cesou en 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Corbelle, Mayte. “Periodistas precoces”. El Progreso (31-VIII-2004), p. 16.
- Debasa Navalpotro, Felipe R. et alii. A Voz de Vilalba. Xornal ao servizo do pobo (1983-1986). Madrid: Dickynson. 2007.
- González Barcia, José María. “A Voz de Vilalba”. El Progreso (13-X-2006), p. 18.
- Grande, Antón. “A Voz de Villalba, un xornal con carácter mensual que editan tres xóvenes escolares”. El Progreso (31-VIII-1984), p. 25.
- París, Manuel. “Aquela mostra de prensa mundial”. ABC (23-VII-2006), p. 40.
- Rodríguez, Rosa. "Xogando a ser xornalistas". Galicia-Hoxe (29-II-2008), p. 46.
- Roig Rechou, Blanca-Ana (dir.). Informe de Literatura 2007. Compostela: Centro Ramón Piñeiro. 2008, pp. 519–520.
- Varela, Froilán. “El Iescha hará un facsímil de la cabecera A Voz de Vilalba”. El Progreso (19-V-2006), p. 21.