752
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coas efemérides do ano 752 é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros anos que precisan ampliación e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
| Calendario gregoriano | 752 DCCLII |
| Ab urbe condita | 1505 |
| Calendario armenio | 201 |
| Calendario chinés | 3448 – 3449 |
| Calendario hebreo | 4512 – 4513 |
| Calendario hindú - Vikram Samvat - Shaka Samvat - Kali Yuga |
807 – 808 674 – 675 3853 – 3854 |
| Calendario persa | 130 – 131 |
| Calendario musulmán | 134 – 135 |
| Calendario rúnico | 1002 |
Índice |
Acontecementos [editar]
- Á morte do papa Zacarías o 22 de marzo é nomeado papa un sacerdote romano que tomou o nome de Estevo. Este morreu tres días despois sen chegar a ser consagrado, polo que non consta hoxe en día como tal Papa. Foi substituído por Estevo III (quen na lista oficial de Papas aparece como Estevo II, pois desde 1960 se lle retirou o recoñecemnto como tal ao antedito).
- Unnolfo detenta o poder no ducado de Spoleto grazas a Aistolfo, o rei dos longobardos, que se fai co ducado á morte de Lupo de Spoleto, o anterior duque. Nese mesmo ano Aistolfo toma o poder no ducado.
Nacementos [editar]
- Irene, emperatriz do Imperio Bizantino (m. 803).
- Data probábel - Teófanes o Confesor, abade e cronista bizantino (m. ca. 818).
Mortes [editar]
- 22 de marzo - Zacarías, Papa da Igrexa Católica.
- 25 de marzo - Estevo II, Papa da Igrexa Católica.
- Eutiquio, derradeiro exarca de Ravenna.
- Lopo, duque de Spoleto.