1,1,1,2-Tetrafluoroetano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
1,1,1,2-Tetrafluoroetano
Propiedades
Fórmula molecular CF3CH2F
Masa molecular 102.03 g/mol
Densidade 0.00425 g/cm³, gas
Punto de fusión -103.3 °C (169.85 K)
Punto de ebulición -26.3 °C (246.85 K)
Solubilidade en auga 0.15 %
Perigosidade
Principais perigos Asfixiante
NFPA 704
0
1
1
Punto de inflamabilidade 250 °C; 482 °F; 523 K

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

1,1,1,2 Tetrafluoroetano ou R-134a é un fluído refrixerante moi utilizado no aire acondicionado dos automóbiles e en equipos de refrixeración doméstica e industrial. É un HFC que substitúe dende principios dos anos 90 ao antigo refrixerante R12 que era prexudicial para a capa de ozono e favorecía ao quentamento global.

Como todos os HFC non dana a capa de ozono pero afecta ao cambio climático, ten unha grande estabilidade térmica e química, non é tóxico nin inflamable, e ademais ten unha excelente compatibilidade coa maioría dos materiais.

Non é miscible cos aceites tradicionais do R12 pero si o é cos aceites poliésteres (POE) polo que debe utilizarse sempre con este tipo de aceites.

Unha das vantaxes fronte ao R12 é que ten unha temperatura final de compresión máis baixa. Por utra banda ten como desvantaxe que a máquina frigorífica precisa un maior caudal de fluído, é dicir necesítase un compresor máis grande.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

R-134a.